NOTICIAS
O
alcalde presentou este xoves o Primeiro programa de tratamento de medianeiras e
outros espazos urbanos deteriorados e outras actuacións sobre os espazos
públicos. Trátase, dixo, dunha iniciativa "estratéxicamente importante
para o xeito de entender a cidade, unha nova forma de entender a cultura".
Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico,
Carmela Silva, e os artistas e propietarios dalgún dos edificios, Caballero
explicou que nunha primeira tanda vanse decorar 13 espazos e que os traballos
comezarán o día 19 e rematarán antes do 27 de marzo.
Trece
artistas da cidade comezarán o próximo día 19 de marzo a pintar sobre outros
tantos espazos públicos da cidade. Dando inicio así, explicou o rexedor, ao
primeiro programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos
deteriorados e outras actuacións sobre os espazos públicos.
"Vigo, unha cidade de
cor", contará con actividades paralelas en centros escolares e na rúa con
espectáculos de danza, mapping ou obradoiros para nenos.

O
obxecto do "Vigo, unha cidade de cor" é tratar con pintura ou murais
decorativos, as medianeiras das edificacións, así como aqueles paramentos
exteriores cegos visibles dende a vía pública, tanto de titularidade pública ou
privada. Ademais, coa colaboración dos colexios e institutos da cidade, vanse
decorar os paramentos exteriores destes a través da composición que realicen
con todos os debuxos do alumnado, baixo o lema" cómo vexo o meu
barrio". Previamente á fase de execución dos murais, desenvolveranse en
toda a cidade unha serie de actividades artístico-culturais: obradoiros de arte
urbano para nenos, proxeccións en espacios públicos da cidade de imaxes sobre
tratamentos de medianeiras (mapping), actividades de danza urbana e outras de
natureza similar
A
primeira fase do proxecto supuxo a selección de ubicacións, artistas e centros
educativos. Nesta primeira tanda elexíronse trece espazos aos que se irán
sumando moitos máis, avanzou o rexedor. Os criterios para a elección foron a
súa ubicación, visibilidade, interese espacial e urbano, entorno, posibilidades
técnicas e disponibilidade de autorización da propiedade.
Comentarios
Publicar un comentario
Dános tu opinión